A Fundación AstraZeneca convoca a VII Edición dos Premios Novos Investigadores baixo o lema “Persoas que cambian vidas”.

A convocatoria está dirixida a proxectos de investigación en rede integrados por polo menos 3 grupos de investigación.

Poderán beneficiarse aqueles proxectos de investigación en rede que inclúan grupos de investigación dirixidos por investigadores nados en 1978 ou data posterior.

Os proxectos deberán enmarcarse nalgunha das liñas de investigación incluídas nas seguintes áreas temáticas:

  1. Cardiovascular, Renal e Metabolismo
    • Enfermidade Renal Crónica e Hiperpotasemia
    • Insuficiencia Cardiaca
    • Diabetes Mellitus tipo 2
    • Síndrome Coronaria Aguda
  2. Oncoloxía, Medicina de Precisión e Inmuno-oncoloxía
    • Cancro de Pulmón
    • Cancro de Mama
    • Cancro de Ovario
    • Cancro Gastrointestinal
    • Cancro de Próstata
    • Leucemia Linfocítica Crónica
  3. Respiratorio e Inmunoloxía
    • Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC)
    • Asma
    • Lupus
    • Enfermidades Inflamatorias Eosinofílicas
  4. Vacinas e Inmunoterapias
    • COVID-19
    • Gripe Pediátrica
    • VRS

A dotación dos premios será de 225.000€ e prevese financiar ata 4 proxectos de investigación en rede (un por cada área temática admitida de acordo ao punto 4 das bases).

A valoración das solicitudes levarase a cabo por un panel de avaliadores independentes seleccionados polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). Posteriormente, as avaliacións elevaranse ao Consello Científico Asesor da Fundación AstraZeneca quen levará a cabo unha avaliación das propostas.

Ademais dos 4 premios a proxectos de investigación a convocatoria inclúe así mesmo un Premio Honorífico á Excelencia na Traxectoria Científica (dotado con 50.000€), a proposta do Padroado da Fundación AstraZeneca e que pretende recoñecer a un investigador/a por a súa traxectoria no mundo da investigación biomédica e a dedicación na xeración de coñecemento científico.

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón de Interése: www.fundacionastrazeneca.es

Bases de la Convocatoria: