A Axencia Galega de Innovación publicou a convocatoria “Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I D i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia)”.

 As solicitudes deberán enmarcarse nos seguintes Retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia)

  •  Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
  • Reto 2: Modelo Industrial de Galicia do futuro
  • Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo

 O persoal contratado con cargo as devanditas axudas deberán cumprir, entre outras, as seguintes condicións:

  •  Ser menor de 35 anos no momento de contratación
  • Estar en posesión dun título superior, medio ou de formación profesional de grado superior.
  • Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación
  • Non ser contratado, nos 6 meses anteriores, pola Entidade Solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación.
  • A súa contratación non debeu ser subvencionada á Entidade Solicitante nas convocatorias do mesmo programa nos anos 2016, 2017 e 2018

 A axuda que percibirán as entidades por cada persoa contratada será de 10.000 €, sendo a diferenza entre esta e o custo mínimo exixible asumida por parte do Grupo de Investigación solicitante.

 O prazo de presentación será de tres meses contados a partir do día seguinte á publicación en DOGA.

 As persoas interesadas en formalizar algunha solicitude de participación deberán comunicalo o máis axiña posible á entidade dado que existe un número máximo de solicitudes que poderán ser presentadas (5 solicitudes por entidade beneficiaria).

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-Mail: Pilar.Cal.Purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159

Bases: