Innovación2017-05-19T10:21:06+00:00

Innovación e transferencia tecnolóxica

A Fundación Profesor Novoa Santos ten encomendada a xestión da Transferencia Tecnolóxica e o desenvolvemento da innovación nas Áreas Sanitarias da Coruña e Ferrol. Dentro das súas funcións atópase a xestión, identificación, tramitación, protección e translación do coñecemento xerado nos Centros de Referencia.
Ao mesmo tempo ten encomendadas capacidades suficientes para establecer alianzas e colaboracións con Organismos tanto públicos como privados.

Carteira de servizos

  • Identificación dos activos inmateriais froito das investigacións levadas a cabo nas Áreas Sanitarias de Referencia.
  • Asesoramento para a tramitación administrativa de rexistros de Propiedade Industrial e Intelectual.
  • Establecemento de alianzas e acordos de colaboración público-privados para o desenvolvemento de proxectos de I+D e acordos de licenzas de explotación.
  • Vixilancia Tecnolóxica e Intelixencia Competitiva.
  • Identificación de demandas empresariais que poidan ter resposta nas capacidades científicas e tecnolóxicas que ofrecen as nosas Áreas Sanitarias.
  • Asesoramento e promoción de novas empresas biotechs, tras a identificación de proxectos estratéxicos que posibiliten a creación de empresas baseadas no coñecemento.
  • Formación en materia de innovación, protección e translación do coñecemento.
Entidad Colaboradora de:
X