Quen somos
A Fundación Profesor Nóvoa Santos é a entidade responsable da promoción, xestión e desenvolvemento da investigación e innovación nas Áreas Sanitarias da Coruña e Ferrol, así como da difusión e transferencia dos resultados obtidos á sociedade.
É unha institución constituída en mil novecentos noventa e un, declarada de Interese Sanitario e acollida ao Protectorado de Fundacións exercido pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
A Fundación é o órgano xestor único do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) que está composto polos grupos de Investigación da área de Xestión Integrada da Coruña e da Universidade A Coruña, coa finalidade de crear un marco de colaboración estable, que integre a investigación básica e clínica desenvolvida no noso ámbito xeográfico, posibilitando unha transferencia á sociedade máis eficaz dos avances científicos obtidos no diagnóstico, prevención e tratamento das enfermidades.
Así mesmo tamén é responsable da xestión de cursos do Centro Tecnolóxico de Formación (CTF), recoñecido como un centro de referencia internacional no ámbito da formación e adestramento de profesionais sanitarios, que participa activamente en proxectos de investigación sobre formación en saúde e de innovación da tecnoloxía docente.