Colaboradores
Convenio de Colaboración ca Diputación de A Coruña
A Diputación de A Coruña e, a Fundación Profesor Nóvoa Santos , asinaron un convenio para o desenrolo do proxecto” Programa de Exercicio con marcha Nórdica, para a mellora da fraxilidade nos adultos maiores” que conta cun financiamento provincial dun 80% do total dos costes.
A Axencia Galega de innovación concede o Grupo de Reumatoloxía do INIBIC o proxecto “Microarray de Péptidos para o diagnóstico e monitorización da Artrose” Nº de expediente IN855A 2016/35.
Esta axuda xestionada pola Fundación Profesor Nóvoa Santos está cofinanciado pola Xunta de Galicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 12 de agosto de 2016 (Programa Ignicia)
Máis información na páxina Web do Gain: http://gain.xunta.gal/artigos/239/-
Terapia asistida con animais na unidade de rehabilitación e atención temperá (Hospital Teresa Herrera A Coruña)
A Fundación María José Jove, a Fundación Profesor Nóvoa Santos e o Centro Canino de Montegatto, asinaron un convenio pioneiro en Galicia de Terapia Asistida con Animais no Hospital Teresa Herrera da Coruña
Máis información na páxina web da Fundación María José Jove: http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/terapia-asistida-con-animais/
Convenio de colaboración para a dotación de equipamento de alto nivel no Centro Tecnolóxico de Formación
A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Profesor Nóvoa Santos (CHUAC) asinaron en 2014 un convenio de colaboración para a dotación de equipamento tecnolóxico avanzado (realidade virtual aplicada á simulación médica) ao Centro Tecnolóxico Formación (CTF).
Máis información na páxina web da Fundación Amancio Ortega: http://www.faortega.org/centro-tecnologico-de-formacion/
“Ioga tras diagnóstico de cancro de mama: mellor prognóstico e calidade de vida”
A Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME) e a Fundación Profesor Nóvoa Santos asinaron un Convenio de Colaboración para o desenvolvemento dun proxecto co obxectivo de axudar na calidade de vida do paciente con cancro e as súas familias.
Máis información na páxina web de ASOTRAME: http://asotrame.com/
FOGAR DE CORAZÓNS: Aloxamento para familiares de nenos enfermos con cardiopatías
A Fundación María José Jove e a Fundación Profesor Nóvoa Santos (CHUAC), asinaron o 13 de maio de 2015 un convenio mediante o cal se desenvolverá o proxecto de aloxamentos a familiares desprazados de pacientes con cardiopatías. Este convenio, terá vixencia ata o 31 de decembro de 2015.
Máis información na páxina web da Fundación María José Jove: http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/hogar-de-corazóns-aloxamento-para-familiares-de-ninos-enfermos-con-cardiopatias/
Desenvolvemento de actividades de formación na aula de simulación da EOXI de Ferrol
A Fundación Profesor Nóvoa Santos e Regasificadora do Noroeste S.A., asinaron un convenio para o desenvolvemento de actividades de formación na aula de simulación da EOXI de Ferrol.
Máis información na páxina web de reganosa: http://www.reganosa.com/es/el-sergas-e-reganosa-colaborar%C3%A1n-para-achegar-novos-medios-as-aulas-de-simulaci%C3%B3n-de-ferrol-e
Convenio de colaboración para a campaña de actividades de difusión e promoción de doazón de órganos e tecidos na provincia da Coruña
A Fundación María José Jove e a Fundación Profesor Nóvoa Santos (CHUAC) asinaron un convenio de colaboración para a difusión e promoción de doazón de órganos e tecidos na provincia da Coruña.
Máis información na páxina web da Fundación María José Jove: http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/convenio-de-colaboracion-para-a-campá-de-actividades-de-difusion-e-promocion-de-donacion-de-organos-e-tecidos-en-a-provincia-de-a-coruna/
Bolsa para a formación en Cirurxía das Cardiopatías Congénitas
A Fundación María José Jove e a Fundación Profesor Nóvoa Santos (CHUAC) asinaron un Convenio para a formación en Cirurxía de Cardiopatías Congénitas Infantís
Máis información na páxina web da Fundación María José Jove: http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/beca-para-a-formacion-en-cirugia-de-as-cardiopatias-congenitas/
Bolsa Ciber@ula
A Fundación María José Jove e a Fundación Profesor Nóvoa Santos (CHUAC), asinan un convenio para a creación dunha bolsa na CIBER@ULA do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera (A Coruña), coa finalidade de dotar á citada aula dun coordinador/monitor.
Máis información na páxina web da Fundación María José Jove: http://www.fundacionmariajosejove.org/proyecto/beca-ciberula/
A Fundación Profesor Nóvoa Santos forma parte da “REDE DE ENTIDADES XESTORAS DE INVESTIGACIÓN CLÍNICA HOSPITALARIA E BIOSANITARIA” ( REGIC), a primeira asociación de entidades xestoras de investigación clínica creada en España a instancia dos profesionais, co fin de compartir experiencias e crear un espazo de interacción e formación na xestión da I+D+i sanitaria. No seu conxunto, REGIC representa unha gran parte da investigación clínica do país e conta con representantes de practicamente todas as comunidades autónomas.
Ciclo “Charlas Saudables”
A Fundación profesor Nóvoa Santos e a Corporación Voz de Galicia realizarán un Ciclo de Conferencias Impartidas polos profesionais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, co obxectivo de informar os cidadáns sobre patoloxías frecuentes, á vez que se xera unha relación de proximidade médico-paciente.
Patrocinadores: