Lanzamento da convocatoria de axudas Advanced Grant 2020 do Consello Europeo de Investigación

Convocatoria para o financiamento de proxectos de investigación na fronteira do coñecemento dentro de calquera temática, liderados por investigadores senior con polo menos dez anos de experiencia de calquera país do mundo que desenvolvan o traballo nun dos Estados Membros da UE ou dos países asociados.

A dotación económica é dun máximo 2.500.000€.

Adicionalmente poderase solicitar ata un máximo de 1.000.000€ para cubrir: custos subvencionables start- up, para a mobilidade dos investigadores principais en EU ou outro país asociado como consecuencia da recepción dunha ERC grant, compra de equipamento e/ou acceso a grandes instalacións.

A duración máxima establécese en cinco anos

O próximo 19 de maio os Puntos Nacionais de Contacto de ERC en España realizarán un webinar de preparación de propostas cuxa inscrición se solicita a través da seguinte ligazón https:// register. gotowebinar. com/ register/1339600294003861006

Xestor de Contacto: María Barbeito Gómez
Correo: maria.barbeito.gomez@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292153
Inicio das Solicitudes: 14 de Maio de 2020

Finalización de Presentación de Solicitudes: 26 de agosto de 2020 ás 17:00 h

Resumo da axuda: