A Axencia Galega de Innovación publicou a convocatoria “Axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I D i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia)”.

As solicitudes deberán enmarcarse nos seguintes Retos da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia):

  • Reto 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais
  • Reto 2: Modelo Industrial de Galicia do futuro
  • Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo

O persoal contratado con cargo as devanditas axudas deberán cumprir, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser menor de 35 anos no momento de contratación
  • Estar en posesión dun título superior, medio ou de formación profesional de grado superior.
  • Non ter experiencia laboral superior a 36 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación
  • Non ser contratado, nos 6 meses anteriores, pola Entidade Solicitante, no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación.
  • A súa contratación non debeu ser subvencionada á Entidade Solicitante nas convocatorias do mesmo programa nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019

A axuda que percibirán as entidades por cada persoa contratada será de 10.000 €.

O número máximo de solicitudes que poderán ser presentadas por entidade son tres

A data límite para presentar as solicitudes pola Fundación Profesor Novoa Santos é o 16 de Marzo do 2020.

Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159

Convocatoria: