O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a convocatoria de proxectos de colaboración público-privada do do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e Innovación 2021-2023

  • Os proxectos obxecto das axudas desta convocatoria serán proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración efectiva de varias entidades beneficiarias, entre as que haberá polo menos unha empresa e un ou varios organismos de investigación, cunha duración de 3 anos.
  • O representante do grupo de entidades que presente o proxecto deberá ser unha empresa.
  • A data de inicio deberá ser posterior á data de presentación da solicitude e incluírse ao longo do ano 2024.
  • O orzamento mínimo do proxecto será de 400.000 € e a cantidade que poderá ser financiada por empresa e proxecto limitarase a un máximo de 15 millóns de €
  • A suma das porcentaxes de participación empresarial deberá ser polo menos do 51% do orzamento total presentado para o proxecto.
  • Ningunha entidade poderá concorrer en solitario con máis do 70% do orzamento total presentado para o proxecto.
  • A participación mínima por entidade será do 10% do orzamento total.

O prazo de presentación de solicitudes ante o Ministerio finaliza o 20 de febreiro ás 14:00 H

Xestora de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Convocatoria:
Link de Acceso: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-colaboracion-publico-privada-2023