Programa Cancro Innova no marco da Business Factory Medicines

O obxecto da convocatoria é agregar valor á investigación biomédica desde o Programa Cancro Innova no Marco dunha Business Factory Medicines para a súa aplicación inclusiva.

Os socios involucrados neste proxecto queren contribuír deste xeito ao descubrimento de fármacos para o cancro, apoiando á mellor ciencia biomédica sobre os mecanismos da enfermidade.

Para iso, a metodoloxía Kærtor aplica ciencia disruptiva ao descubrimento de fármacos diminuíndo o seu risco e cubrindo o gap cara á súa aplicación industrial.

Os interesados en participar nesta convocatoria pódeno facer cubrindo o breve formulario de Expresión de Interese que aparece na páxina web http://www.cancerinnova.com

Os primeiros proxectos seleccionados para iniciar a fase de incubación provirán das Expresións de Interese recibidas até o 21 de decembro de 2020 ás 15:00 (hora peninsular) (primeira avaliación) e 31 de xaneiro de 2021 as 15:00 (hora peninsular) (segunda avaliación), aínda que a convocatoria seguirá aberta e seguiranse estudando os proxectos que cheguen despois destas datas até completar os fondos reservados para o proxecto.

Xestor de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Bases da Convocatoria: