Convocatoria Programa Talento Sénior da Axencia Galega de Innovación dirixida ás empresas e organismos de investigación non universitarios en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo de 3 anos de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Este programa ten entre os seus obxectivos a atracción e retorno de investigadores doutores ou profesionais de alta cualificación con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación.
.- A Axencia Galega de Innovación unicamente cofinanciará entre un 40% – 60% a contratación do persoal en función da retribución bruta e tipo de entidade
.- Cada entidade poderá solicitar a axuda para ata un máximo de 2 contratos
.- Que se precisará unha puntuación mínima de 120 puntos sobre o total de 200 puntos para obter a «excelencia na proposta» e poder optar á axuda á contratación do persoal de alta cualificación.
Xestor de Contacto: Pilar Cal Purriños
E-mail: Pilar.cal.purrinos@sergas.es
Teléfono: 981178150
Extensión: 292159
Dirección WEB de interés: http://gain.xunta.gal/artigos/453/talento+senior
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=IN858A
Convocatoria: