Foi publicada a convocatoria do programa europeo Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA) – Postdoctoral Fellowships

Esta convocatoria, aberta a tódolos ámbitos de estudo, ten dúas modalidades:

  • European Postdoctoral Fellowships (EF): aberta a investigadores/as de calquera lugar do mundo para realizar estancias de entre 12 e 24 meses en centros de países da Unión Europea ou de países asociados a Horizonte Europa. Os requisitos de admisibilidade son:
    • Ter defendido a tese doutoral como máximo nos 8 anos anteriores á data de peche da convocatoria (excepcións en caso de baixas de enfermidade, permisos de maternidade e paternidade, etc.)
    • Non ter residido no país onde se realizará a estancia máis de 12 meses dos anteriores 36 meses previos á data de peche da convocatoria.
  • Global Postdoctoral Fellowhsips (GF): aberta a investigadores/as europeos ou de países asociados (sexan nacionais, residentes de longa duración ou refuxiados) para realizar estancias de entre 12 e 24 meses centros de terceiros países (fóra da Unión Europea ou dos países asociados) e unha estancia final de 12 meses nun centro dun país da Unión Europea ou país asociado. Os requisitos de admisibilidade son:
    • Ter defendido a tese doutoral como máximo nos 8 anos anteriores á data de peche da convocatoria (excepcións en caso de baixas de enfermidade, permisos de maternidade e paternidade, etc.)
    • Non ter residido no terceiro país máis de 12 meses dos anteriores 36 meses previos á data de peche da convocatoria.

En ambos casos, é posible solicitar u período adicional de 6 meses de duración para estancias en organizaciones non académicas ao final do programa. O financiamento realízase a través do sistema de tanto alzado (lump-sum), e variará en función da situación persoal do/a investigador/a e a duración do proxecto.

Aquelas propostas presentadas nas convocatorias de 2022 que non obtuveran unha puntuación igual ou superior ao 70% non poderán presentarse nesta convocatoria. Enténdese que a proposta é a mesma se se trata do mesmo investigador/a e centro de acollida.

A convocatoria finaliza o 13 de setembro de 2023.

Xestora de Contacto: Portal Ramos Vieiro
Correo: portal.ramos.vieiro@sergas.es
Teléfono: 981 17 68 44
Extensión interna: 292176
Enlace WEB: https://marie-sklodowska-curie-actions.ec.europa.eu/actions/postdoctoral-fellowships