• O grupo Zendal convoca a IV edición dos International Zendal Awards, os galardóns anuais que organiza o grupo biofarmacéutico co obxectivo de visibilizar, promocionar e recoñecer novos proxectos de investigación no ámbito da saúde humana e animal.
  • Os galardóns promovidos teñen como obxectivo difundir e potenciar novos proxectos de investigación no campo da biotecnoloxía.

Os premios, abertos a institucións e equipos de traballo tanto públicos como privados, establecen 2 categorías: saúde humana, dotado con 40.000 euros, e saúde animal, con 25.000 euros.

Concédese tamén un premio homenaxe, destinado a recoñecer unha traxectoria. Neste caso, está dirixido a persoas que contribuísen co seu traballo e os seus méritos na área científica, ao desenvolvemento das vacinas e outros produtos da saúde, a prevención, a biotecnoloxía e o concepto One Health.

Este ano incorpórase como novidade unha mención especial para distinguir á mellor iniciativa á Sustentabilidade, en consonancia coa visión do Grupo Zendal, xa que a saúde humana e animal están interconectadas co benestar e conservación dos ecosistemas. Ao reto de investigar, desenvolver e fabricar súmase o facelo cunha perspectiva integradora, tendo en conta a totalidade de seres vivos do planeta e o medioambiente.

Para a concesión dos premios, valoraranse especialmente aquelas candidaturas que realizasen achegas relevantes en investigación e medicina e biotecnolóxica con solucións innovadoras e con capacidade transformadora. Ademais, a fin de garantir unha elección nos termos máis obxectivos posibles, teranse en conta factores como a viabilidade do proxecto, a súa aplicabilidade, e a súa contribución á mellora da vida en termos de progreso e benestar.

As candidaturas poderanse presentar ata o próximo 3 de outubro a través da páxina web do Zendal, www.zendal.com

Xestora de Contacto: Graciela Fernández Arrojo

Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono: 981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Ligazón WEB: https://www.zendal.com/premios-zendal

Bases da Convocatoria: