Dentro das actividades do Programa OPORTUNIUS, orientado a incrementar a participación galega nos programas do European Research Council – ERC, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ten dispoñible un servizo de revisión e análise de candidaturas para as convocatorias do ERC, así como a realización de accións formativas para persoal vinculado a entidades galegas de investigación.
O vindeiro luns 10 de xullo celebrarase un taller en liña de preparación de propostas dirixido á convocatoria Starting Grants 2024, no que participarán Elena Pazos, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía – CICA da Universidade da Coruña, beneficiaria dunha Starting Grant en 2019 e María Gómez-Reino, de ECONET, empresa con longa experiencia na preparación e asesoramento de candidaturas ao ERC.
A convocatoria Starting Grants está destinada ao persoal investigador con entre 2 e 7 anos de experiencia dende a finalización do doutoramento e cunha traxectoria profesional científica moi prometedora. Dentro deste esquema de financiamento as axudas poden alcanzar os 1,5 M € durante un máximo de 5 anos.
O programa e o formulario de inscrición están dispoñibles en seguinte ligazón:
TALLER EN LIÑA PREPARACIÓN PROPOSTAS STARTING GRANTS 2024 DO ERC
A data límite de inscrición é o 7 de xullo ás 12.00 h.
Xestora de Contacto: Portal Ramos vieiro
E-mail: portal.ramos.vieiro@sergas.es
Teléfono: 981176844
Extensión: 292176
Ligazón de accesos: TALLER EN LIÑA PREPARACIÓN PROPOSTAS STARTING GRANTS 2024 DO ERC