Os Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento recoñecen a investigación básica e a creación de excelencia, plasmada en avances teóricos, modelos e perspectivas fundamentais para entender o mundo natural, social e artificial ou tecnolóxico, así como innovacións e desenvolvementos tecnolóxicos, e a creación de obras, estilos artísticos e interpretativos na música clásica do noso tempo. Recoñécense tamén contribucións significativas á comprensión e/ou actuacións sobresalientes respecto de dous retos centrais da sociedade global do século XXI: o cambio climático e a cooperación ao desenvolvemento.

Categorías:

Contémplanse oito categorías de premios, divididos en tres eixos. En primeiro lugar, o recoñecemento á investigación científica e tecnolóxica, nas áreas das Ciencias Básicas, a Biomedicina, a Ecoloxía e Bioloxía da Conservación, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, e a Economía, Finanzas e Xestión de Empresas. En segundo lugar, a creación, dirección e interpretación da música clásica do noso tempo. En terceiro lugar, a investigación científica e/ou as actuacións que representen avances significativos en dous grandes problemáticas do século XXI: o cambio climático e a cooperación ao desenvolvemento.

  1. Ciencias Básicas (Física, Química, Matemáticas)
  2. Biomedicina
  3. Ecoloxía e Bioloxía da Conservación
  4. Tecnoloxías da Información e a Comunicación
  5. Economía, Finanzas e Xestión de Empresas
  6. Música Contemporánea
  7. Cambio Climático
  8. Cooperación ao Desenvolvemento

Dotación

A dotación dos Premios Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento é, en cada unha das súas categorías, de 400.000 €, un diploma e un símbolo artístico.

Nomeamento

Todos os nomeamentos serán indirectas.

Poderán nomear as seguintes organizacións e institucións relacionadas coas áreas de coñecemento obxecto de cada categoría, a través dos seus responsables ou órganos de goberno, segundo os procedementos propios de cada organización:

  • Sociedades ou organizacións científicas ou artísticas
  • Academias nacionais ou rexionais de Ciencias e Artes
  • Centros públicos ou privados de I+D
  • Facultades, departamentos ou institutos universitarios ou de investigación
  • Departamentos de hospitais e centros de investigación biomédica
  • Museos de Ciencias
  • Conservatorios e escolas de música
  • Revistas académicas de música e musicología
  • Orquestras e asociacións de orquestras
  • Radios e televisións con orquestras de música sinfónica ou de cámara
  • Axencias públicas e organizacións rexionais, nacionais e internacionais, con actividade significativa na análise e/ou actuacións relacionadas co cambio climático e a cooperación ao desenvolvemento

Una mesma institución poderá presentar máis dunha candidatura, sen límite de número, pero non a un mesmo candidato para distintas categorías.

O prazo de presentación finaliza: 30/06/2017
Xestor de Contacto: Graciela Fernández Arrojo
Correo: graciela.fernandez.arrojo@sergas.es
Teléfono:
981 17 81 50
Extensión interna: 292198
Máis información: www.fbbva.es/awards